Dixérannos que o bus-cama era unha forma cómoda de viaxar, pero non o foi para todos. Eu durmín bastante ben, Merchi regular e o resto fatal. Consecuencia: unha mañá medio catatónica. Con todo encargamos o tour polo canón do Colca para luns e martes e fomos ver o mosteiro de Santa Catalina aquí en Arequipa. A foto é dende alí, co Nevado Misti ao fondo.
Arequipa é polo de agora a cidade que máis nos está gustando e iso que hai moito turista, claro que nos tamoouco podemos falar moito.
E xa probamos a arequipeña!
Merchi non durmiu ben? e que está acostumada as comodidades do "office-cama" do Provi... jejeje. Biquiños para todos
ResponderEliminar