Pois iso, hoxe fixemos moitas cousas en Arequipa, pero quizais o mellor foi a comida. Fomos a un restaurante, unha picantería en Yanahuara (un barrio de Arequipa) que nos recomendara un guía en Nasca. Puxémonos as botas con comida típica sen un só turista á vista; eu en concreto pedín o Super Adobo Arequipeño, un platazo de carne de porco mergullado en salsa picante. As fotos valen como proba. E viñemos pagando ao cambio uns 50 euros.
Á mañá cadrounos un desfile peculiar de militares e grupos folclóricos polo centro. E visitamos o museo das momias andinas (si, máis momias, pero realmente interesante) e un par de igrexas e conventos.
Mañá marchamos ao Colca e non sei se haberá internet. Pero o martes aquí estaremos de volta en Arequipa.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiSmYodgRAdl9qfeI45h68s9TmUfVkcoHlDBZG3Ybp3SH2BKntnmytQp0yAlmNl9GVE3RsBkDnQHOox8eunMu31q_hlDzqUw9ThAGcLgtsoUW2lJsALD06xxlufe2FZSQyW2MF1-7q3T83e/s400/01082010013.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGNkKX6gO9hUDbn0l9B0dZZFjleL0fXd1JQ4Ekb-WvMb1IyKPNsD2HVdos6ot6ZYRgxSiFLw3F08jADGxrmvM1XoAxhIj6O1ynODYzeKg_maNwQsG_TV4KqNrpDHUOwAP9cy__cST1D3ol/s400/01082010014.jpg)
Felicidades Susiño!!! que o pases ben, perdimonos unha boa o día do traxe, saíron cun carro de bois de madeira pequeniño, e levaban cueiros e todo.. xa sabes que estan fatal..bueno xa falaremos a seguir ben, bicos
ResponderEliminarCómo os ponéis comiendo, menudos manjares... En fin, me ha entrado el hambre, así que me voy a hacer un bocata de queso. Bicos
ResponderEliminar