segunda-feira, 9 de agosto de 2010

Mañá é o gran día

Ante todo direi que nestes días pasados estivemos sen wifi e non puiden postear. Mañá subimos a Machu Picchu. Xa temos tickets e billetes de bus (carísimos) e esperamos ansiosos a pesares de ter que erguernos ás catro (sen comentarios). Hoxe xa fixemos unha rutiña de tres horas ata a fervenza de Mandor.
Dos días pasados direi que Cusco é a cidade que máis nos gustou de todo Perú, máis incluso que Arequipa, que xa é dicir. A Praza de Armas é impresionante, tanto de día como de noite. E onte fomos a Pisac, vimos o mercado e baixamos andando dende as ruínas incas: as vistas alucinantes!

1 comentário:

  1. hola Viaxeiros! menudo tute vos estades dando pero seguro que ben o merece a viaxe tan chula que estades facendo. Un consello que non sei se chega a tempo, intentade coller o primeiro bus que vai a MachuPichu porque é impresionante estar polas ruinas sen xente, resulta máxico. Non sei que horarios terán agora pero o primeiro era as 6,30 h...en fin. Disfrutade moito e seguide contando.Bicos

    ResponderEliminar