terça-feira, 3 de agosto de 2010

2 e 3 de agosto: Colca, cóndores e cumpre

Moito que contar nestes dous días. O luns erguémonos ás seis e marchamos ao Canón do Colca. Catro horas de camiño nas que vimos vicuñas, alpacas e llamas nunhas paisaxes incríbles e pasando por unhas altitudes de vértixe, 4900 metros. O Colca é moi fermoso, aínda que só estea a 3500 metros. Á comida probamos a carne de alpaca, que lle gustou a todos menos a min (moi brava).
Pola tarde fomos camiñar polo val e como ás seis xa é noite, esperamos pola cea tomándolle unhas cervexas fronte á lareira, mentres falabamos do divino e do humano (o marco invitaba a iso e, para que negalo, nós somos así).
O martes erguémonos ás cinco (isto non son vacacións nin nada) para ir ata o medio do canón e ver voar os cóndores nas primeiras horas da mañá. Tivemos sorte porque foi chegar e encher. Xabi foi o primeiro en avistar un, pero despois vimos ducias deles e a tódalas distancias. Creo que este vai ser un dos momentos memorables da viaxe, especialmente se temos en conta o feito de que hoxe, 3 de agosto, aquí o menda cumpre 38 primaveras (aínda que aparente 33 ou 34). Por certo, a ver se se ve o vídeo dos cóndores.
Despois comemos en Chivay, aínda no Colca, e regresamos xa a Arequipa. E mañá temos que erguernos ás cinco e media (que tarde!) para marchar para Puno.


Os/As colgados/colgadas (mira que pintas!) no alto da serra con llamas e alpacas:



Merchi con vicuñas:





Un servidor co Canón do Colca ao fondo:



4 comentários:

  1. Insisto, el tal Suso está muy pero que muy bien; Merchy, a ver cuándo me lo presentaassssssssssssss!!!!

    ResponderEliminar
  2. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  3. non sei que fixen co comentario anterior non sei que fixen con el, sabe dios que fixen con el.

    na foto anterior quen é merchi e os vicuñas? non se aprecia a foto ben. ja,ja,ja, son moi graciosillo, verdade??

    ResponderEliminar
  4. tirade o presi de birnca pola montaña abaixo, para que me quede eu co piso de san lazaro, so fai falla darlle un pequeno empuxon.

    ResponderEliminar