Pola tarde fomos camiñar polo val e como ás seis xa é noite, esperamos pola cea tomándolle unhas cervexas fronte á lareira, mentres falabamos do divino e do humano (o marco invitaba a iso e, para que negalo, nós somos así).
O martes erguémonos ás cinco (isto non son vacacións nin nada) para ir ata o medio do canón e ver voar os cóndores nas primeiras horas da mañá. Tivemos sorte porque foi chegar e encher. Xabi foi o primeiro en avistar un, pero despois vimos ducias deles e a tódalas distancias. Creo que este vai ser un dos momentos memorables da viaxe, especialmente se temos en conta o feito de que hoxe, 3 de agosto, aquí o menda cumpre 38 primaveras (aínda que aparente 33 ou 34). Por certo, a ver se se ve o vídeo dos cóndores.
Despois comemos en Chivay, aínda no Colca, e regresamos xa a Arequipa. E mañá temos que erguernos ás cinco e media (que tarde!) para marchar para Puno.
Os/As colgados/colgadas (mira que pintas!) no alto da serra con llamas e alpacas:

Merchi con vicuñas:

Un servidor co Canón do Colca ao fondo:

Insisto, el tal Suso está muy pero que muy bien; Merchy, a ver cuándo me lo presentaassssssssssssss!!!!
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarnon sei que fixen co comentario anterior non sei que fixen con el, sabe dios que fixen con el.
ResponderEliminarna foto anterior quen é merchi e os vicuñas? non se aprecia a foto ben. ja,ja,ja, son moi graciosillo, verdade??
tirade o presi de birnca pola montaña abaixo, para que me quede eu co piso de san lazaro, so fai falla darlle un pequeno empuxon.
ResponderEliminar